Día Internacional da Cobertura Sanitaria Universal
No Día Internacional da Cobertura Sanitaria Universal contamos coas reflexións de Lourdes Vérez Vivero, presidenta de AsTEAVi.
«Como membro de AsTEAVi vemos a necesidade de que se potencie unha maior visibilización das persoas con TEA, así como un maior coñecemento, por parte do persoal sanitario, das súas características e necesidades e unha garantía de continuidade de coidados ao longo do seu ciclo vital, mellorando as ferramentas para favorecer o paso asistencial da idade infantil, adolescencia e vida adulta».

